Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro informa dunha nova convocatoria de axudas da Xunta para a mellora da accesibilidade en vivendas

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o 5 de xuño ata o 15 de xullo

Viveiro, 2 de xuño de 2024. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou hoxe, día 2 de xuño de 2023, a resolución do 16 de maio de 2023 pola que se modifican as bases reguladoras do Programa de mellora da accesibilidade en e ás vivendas do Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025 e se procede á súa convocatoria para o ano 2023, con carácter plurianual (código de procedemento VI435B).

Este programa ten por obxecto o fomento da mellora da accesibilidade ás vivendas e dentro das propias vivendas, tanto no medio urbano como rural, en:

•Edificios de vivendas de tipoloxía residencial colectiva, intervindo tanto nos seus elementos comúns como no interior de cada vivenda.

•Vivendas unifamiliares illadas ou agrupadas en fila.

•Vivendas situadas en edificios de tipoloxía residencial colectiva.

A contía máxima das axudas non poderá superar o 60 % do custe, esta porcentaxe poderá acadar o 80 % se na vivenda ou no edificio reside unha persoa con discapacidade ou maior de 65 anos.; cos seguintes límites:

– Vivendas unifamiliares illadas ou agrupadas en fila: 12.500 euros por vivenda con carácter xeral.

– Edificios de vivendas de tipoloxía residencial colectiva: 9.000 euros por vivenda.

– Obras no interior de vivendas incluídas nun edificio de tipoloxía residencial de vivenda colectiva: 6.000 euros por vivenda.

En todos os casos a axuda pode incrementase ata 15.000 euros por vivenda se reside unha persoa con discapacidade e ata 18.000 euros por vivenda se esta acredita un grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %.

Son actuacións subvencionables entre outras: a instalación de ascensores, salvaescaleiras ou ramplas; a instalación ou dotación de produtos de apoio, a instalación de elementos ou dispositivos electrónicos de comunicación entre as vivendas e o exterior, tales como videoporteiros que proporcionan información visual e auditiva e análogos.; a instalación domótica e doutros avances tecnolóxicos para favorecer a autonomía persoal de persoas maiores ou con discapaci; asi comp calquera intervención que facilite a accesibilidade universal nos espazos do interior das vivendas (ampliación de espazos de circulación, mellora das condicións de accesibilidade en baños e cociñas…)

O prazo de presentación de solicitudes destas axudas estará aberto desde o día 5 de xuño, ata o día 15 de xullo de 2023 e, en todo caso, no momento de esgotamento do crédito orzamentario, o que será obxecto de publicación no DOG mediante resolución ditada pola persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.

Para máis información e/ou tramitar as solicitudes da axuda, poden acudir á Oficina de Rehabilitación do Casco Histórico de Viveiro (Praza Maior, 1) ou chamar ó teléfono 982562968.

Exit mobile version