Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro anuncia unha modificación do tráfico na rúa Lavandeiras desde o vindeiro luns con motivo do Resurrection Fest

Con motivo da montaxe e posterior celebración e desmontaxe do Resurrection Fest, o Concello de Viveiro anunciou unha modificación do tráfico da rúa Lavandeiras, dende a conserveira ata o pósito, en dobre sentido de circulación. A modificación será efectiva dende as 8:00 do luns día 26 de xuño ata as 8:00 do martes 4 de xullo, xa rematado o célebre festival. Con motivo deste cambio, a Policía Local agradece aos condutores que non estacionen o seu vehículo na zona afectada.

Exit mobile version