A concelleira de Igualdade, Monica Freire Rancaño, condena rotundamente o asasinato machista de Ana Vanessa Serén Penas e manifesta que “debemos unirnos para poñer fin a este flaxelo social, que é a violencia machista, traballar incansablemente para garantir a seguridade e a igualdade de todas as mulleres”.
E engade: “o Concello de Ribadeo convida a toda a cidadanía a unirse á concentración de repulsa desta tarde, que terá lugar na praza 8 de Marzo ás 20:00 horas”.