Ana Rojo engade que “o goberno municipal de Foz quere dar o seu apoio incondicional ás reivindicacións deste colectivo, apoio á loita polos dereitos das persoas a vivir en liberdade segundo a súa orientación ou condición sexual, sen medo a represalias ou a ser discriminadas pola súa identidade de xénero. Dende o noso Concello rexeitamos calquera discriminación por motivos de orientación sexual, abrazamos a diversidade, a tolerancia e a igualdade, fomentado dende a institución local a inclusión, o respecto á liberdade sexual das persoas LGTBI sen ser xulgadas ou sinaladas co dedo, promovendo a igualdade de dereitos e a dignidade das persoas LGTBI, fomentando a visibilidade e a sensibilización da poboación, colgando dos balcóns as bandeiras arco iris desde o día 26 de xuño ata o 3 de xullo”.