O acto consistiu na proxección dun vídeo con fotos da súa etapa en Infantil e despois de que lles impuxeran o birrete entregáronlles diploma e orla para rematar cantando unha canción. As súas titoras e titor -Judit, Mar e Jacob- destacaron o traballo deste alumnado que para setembro xa será de Primaria e desexáronlles sorte na nova etapa.
