“Familia Educa” é un proxecto levado a cabo entre a Cáritas Diocesana de Mondoñedo-Ferrol e as Fillas do Divino Celo Rogacionistas e que conta con subvención por parte da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.
Trátase dun servizo gratuíto de prevención e formación no ámbito educativo e sociofamiliar, adicado a mellorar as condicións de convivencia nas unidades familiares que contan con nenos, nenas ou adolescentes e que se atopan nunha situación de certa vulnerabilidade.
O “Familia Educa” Verán desenvolverase entre o 26 de xuño e o 1 de setembro. Conta con capacidade para 24 rapaces (de 3 a 14 anos de idade) e o seu horario de conciliación cubre desde as 8:00 da mañá ata as 15:00 horas. POLO MOMENTO, AÍNDA QUEDAN PRAZAS DISPOÑIBLES (os interesados deben contactar cos Servicios Sociais do Concello de Foz).
Talleres, xogos, estimulación lectora e cognitiva, saídas lúdicoculturais no entorno son algunhas das actividades que ocuparán a meirande parte do programa, que será atendido por un pedagogo, unha psicóloga e unha educadora.
Vaia, por suposto, o noso agradecemento ao Colexio Nosa Señora do Pilar e á comunidade das Franciscanas da Purísima Concepción que cede, de forma completamente gratuíta, as súas instalacións para que podamos desenvolver en Foz este programa vacacional.