Desde Yukon explican que o obxectivo da súa actividade pasa por restaurar condutas non desexadas nos animais inseguros, con problemas de ansiedade, naqueles cans que poden ter condutas máis agresivas…etc, interpretando o seu estado de ánimo e corrixindo e modificando pouco a pouco eses comportamentos a través de terapias adaptadas ás necesidades dos clientes. A Fume de Carozo é un club de San Cibrao de recente creación, focalizado na temática deportiva pero que programa tamén actividades complementarias como esta xornada de adestramento canino ou outras actividades sociais, para contribuír a dinamizar o Concello.