Site icon Crónica3.com A Mariña

O centro de maiores da Deputación en Ribadeo está de aniversario

Lugo, 16 de xuño de 2023. Usuarios e usuarias, e persoal do Centro de Atención a Maiores (CAM) da Deputación de Lugo en Pedrafita do Cebreiro celebraron esta semana o segundo aniversario da residencia. Entre as iniciativas organizadas incluíronse conversas e música, así como unha comida especial para todos os residentes. Os maiores do residencial Manuel Villasol tamén recibiron visitas nun día que rematou con música e baile. Así mesmo, os residentes e traballadores do CAM de Ribadeo organizaron o seu cuarto aniversario con xogos tradicionais, unha comida especial e a elaboración de manualidades. Tamén este xoves o Presidente en funcións da institución provincial, José Tomé Roca, visitou aos primeiros residentes no CAM de Ribas de Sil, o que fai que xa estean en marcha 9 centros e a Deputación traballa nos proxectos doutros nove.

Exit mobile version