Unha oportunidade para pasar a fin de semana facendo compras nos 45 comercios participantes na campaña e desfrutar de descontos do 20% en miles de artigos. Participan locais de moda de home, muller e nenos, calzado, complementos, artigos de deporte, lencería, xoias, mobles, decoración, agasallos, artigos para o fogar, alimentación, iluminación, óptica, telefonía, estancos e salóns de peiteado.
Os locais participantes son:
Óptica Rosario
Deportes Don Balón
Confecciones Justo Vázquez
Tejiendo Sueños
Muebles Iglesias
Irimia Paquetería
Mimimó Moda Infantil
Baamonde Style – BMD
Complementos Sulian
Calzados Vogue
Cocolatte
Sanjurjo Moda – Esprit
La Óptica Viveiro
Lencería Canela
Van Surf Sneakers
Peluquería Richard XFavor
Van Surf Shop
Carnicería Mariño
Fontana
Paquetería Mónica
Oxígeno Surf
MasLife Móvil
Óptica Casariego
Joyería Paleo
Kalea Platería
SCA Masajes
Tacones
Jonathans
Nacar
Estanco Casanova
Cobelinha
Moviltom
Calzados Albo
Kandela Iluminación
Albo Zapaterías
Cerámica Regal
Albo 55 Sneakers
Oscar Rodríguez Joyeros
Miss-tic
Platax
Kerale Moda
Raquel Seijido
Peluquería Angeles Salgueiro
Dr. Panush
Paquetería Nuria
Os locais participantes estarán identificados cós distintivos da campaña, banderolas de color fucsia de 2,60 metros de altura colocadas nas entradas dos comercios, indicando o desconto do 20%, así como vinilos da mesma cor pegados nos escaparates. Deste xeito para o cliente é moi sinxelo identificar aqueles locais nos que poderá desfrutar da campaña de descontos.
Tratase de ofrecer ó cliente a mellor calidade, variedade e prezo, sen ter que desprazarse, mercando no comercio local, un comercio que ofrece un trato persoal e profesional.
É moi importante lembrar que estes descontos non son acumulables a outras ofertas que xa teñan nos comercios, a encargos ou a devolucións, xa que é unha campaña puntual organizada só para as vendas destes dous días.
Esta campaña está cofinanciada pola Xunta de Galicia, dentro das axudas para a dinamización de Centros Comerciais abertos de Galicia.