Site icon Crónica3.com A Mariña

O campionato Autonómico Escolar de Taekwondo e Exhibición celébrase este domingo en Mondoñedo

Mondoñedo, 16 de xuño, 2023. Este xoves, no Concello de Mondoñedo, tivo lugar a presentación do campionato Autonómico Escolar de Taekwondo e Exhibición, que se celebrará o día 18 de Xuño a partir das 9:30, comezarase coas demostracións para continuar coa parte de combate ata as 13:30h., farase un parón e reanudarase a partir das 15:00h., ata finalizar.

Na presentación estiveron presentes, Manuel Ángel Otero Legide, Alcalde de
Mondoñedo, Manuel Otero Méndez (Cadramón), Xefe Provincial do Servizo de Deportes da Xunta de Galicia, Manuel Tapia Rivera, edil de deportes, Luis García García, en representación da Asociación Foxg1, coa que o campionato colabora pedindo algo
simbólico para a súa axuda aos asistentes ao evento deportivo; e pechando a lista en representación do club Jansu como organizador do evento e representante da Federación Galega de Taekwondo, Juan Carlos Quintana Domínguez.

Este campionato de carácter autonómico, reunirá uns catrocentos deportistas na
modalidade de combate e uns 34 equipos de demostración, cada equipo consta de 9 deportistas, a suma de ambos, demostración máis combate reunira máis de 600 competidores en idades escolares.

O concello de Mondoñedo dalle a benvida a estes pequenos deportistas e aos seus
acompañantes , deportistas que son a base do futuro dentro do taekwondo, e agradece a colaboración da Deputación de Lugo, Xunta de Galicia , Deporte Galego e Federación Galega de Taekwondo, e demais colaboradores e patrocinadores.

Exit mobile version