Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Viveiro tratou de lograr un cambio de goberno “de esquerdas e ilusionante” que Por Viveiro e PSOE non aceptaron

17 Xuño, 2023

Viveiro, 17 de xuño, 2023. O BNG de Viveiro tratou até o último momento lograr o apoio para a alcaldía da súa candidata Miriam Bermúdez. “O BNG amosou ser a ilusión e a esperanza dun goberno de esquerdas en Viveiro, triplicando a nosa representación. Intentamos negociar un proxecto novo e progresista con Por Viveiro e o PSOE, pero Por Viveiro optou por manter ao goberno de María Loureiro. En canto á participación no goberno, Bermúdez indicou que “valoraremos en asemblea as posibilidades. Polo de agora centrámonos en pecharlle o paso a un PP que xa amosou a súa deriva á extrema dereita noutros gobernos do Estado”.

Dende o BNG manifestan que nas negociacións chegaron propostas inaceptables que demoraron a toma de decisións: “Por Viveiro quería a alcaldía de forma innegociable ata o último momento. Evidentemente era algo inaceptable. O BNG é un proxecto en alza, serio e traballador, aberto a todas as posibilidades co resto de partidos. Pérdese unha oportunidade histórica de darlle un aire novo a Viveiro. O BNG seguirá traballando para que o cambio chegue”.

Exit mobile version