Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Foz “amosa a sua sorpresa e decepción pola actitude de Cajoto, que impide calquera acordo de goberno”

Foz, 16 xuño 2023. As veciñas e veciños de Foz decidiron nas pasadas eleccións deixar abertas as opcións de goberno. Asemade, decidiron incrementar a representación do BNG no
pleno, feito que agradecemos dende o BNG considerandoo unha honra e un reforzo ao noso traballo. Despois da experiencia dos pasados 4 anos de cogoberno co PSOE, contemplabamos unha fórmula semellante que permitise continuar o traballo municipal que deu ao goberno estabilidade e garantías a veciñanza.

Despois das eleccións, o PSOE de Foz sorprendíanos insinuando en prensa a súa preferencia por gobernar en solitario, mesmo sen ter maioria absoluta, e por riba amosaba escaso respecto ao noso grupo municipal cando decía que valoraría se era posible “facer un oco no goberno ao BNG”. Esa actitude de escaso interese, amosouse evidente convocando ao BNG de Foz a última hora para falar de posibles acordos. As conversas foron estériles po la actitude sorprendente do candidato do PSOE obstruindo toda posibilidade de acordo e limitando o posible pacto con imposicións mesmo mais restrictivas que hai 4 anos.

Lamentablemente semella que Foz vai ter un goberno en minoría. Pero esta circunstancia é por responsabilidade única e exclusivamente do PSOE. Sabemos que moitas veciñas e veciños de Foz tiñan a esperanza de que o BNG como forza de goberno continuase imprimindo á acción de goberno un pulo con políticas municipais transformadoras, reforzando a nosa autoestima e confianza en nós como pobo. Quen defraudou esa esperanza foi exclusivamente o PSOE ao optar “desde o minuto cero” por un goberno en solitario. A opción de pacto xusto e real nunca estivo sobre a mesa, porque foi desbotada de raíz polo PSOE.

Como queira que o PSOE ten optado por gobernar en solitario, non vai haber ningún funcionamento de goberno compartido. Ao optar por gobernar en solitario, está decidido a contar co apoio únicamente de 7 concelleiras e concelleiros dun total de 17. E por tanto, dada a actitude de suficiencia do PSOE, o BNG de Foz actuará como forza de oposición. O BNG centrará os seus esforzos nestes 4 anos en todo momento para aportar o posible para mellorar a vida das veciñas e veciños de Foz e ao tempo en se fortalecer como alternativa de goberno.

Exit mobile version