A palestra será o sábado 17 de xuño ás 12 horas no centro social Xebra!
Burela, 11 de xuño, 2023. Co gallo do inicio do verán, os traballos estacionais e os primeiros contratos de moita xente nova, o avogado e especialista en dereito laboral Héctor López de Castro achegará unha breve introdución aos dereitos laborais. A actividade, que ofrecerá tamén unha amena sesión vermú logo da palestra, será no centro social Xebra! (Leandro Cucurni, 9) ás 12 horas do sábado 17 de xuño. A actividade é de balde, aberta até completar aforo.
Héctor López de Castro é natural de Foz e actualmente traballa como avogado para a CIG (Confederación Sindical Galega). Conta cunha dilatada presenza na rede, con máis de 12 mil seguidores en Twitter (@Cascarelo), na que comenta cuestións de actualidade. Aínda que vive fóra da comarca, o seu labor segue ligado á Mariña, como aconteceu cando traballou no caso do ERE de Alcoa de 2020.