O rexedor burelés dixo: “quero dirixirme a todos os veciños e veciñas de Burela para desexarlles que pasen unhas boas festas, que teñan moitos convidados e que se sentan orgullosos do pobo. Burela é un sitio moi bo para vivir e compartir con moita xente, aquí estamos e convivimos corenta e catro nacionalidades e, polo tanto, somos un exemplo claro de convivencia. Así que a desfrutar das festas, porque eu penso que se pasan ben. Creo que se encara o ano doutra maneira e con outro optimismo para ir pouco a pouco afrontando os problemas da vida. Desexo que o pasen todos moi ben, que sexa un ano moi agradable e que todos nos vexamos aí con ganas de desfrutalas”.
Servizo de limpeza
Alfredo Llano aludiu á desconvocatoria da folga no servizo de limpeza: “hai que significar que tiveron boa vontade. Hai que felicitar aos traballadores e á empresa tamén porque por fin chegaron a unha conclusión e iso é bo para o pobo, porque agora mesmo nas festas de Burela penso que se vai recoller todo perfectamente, vai estar limpo e aseado para que a xente que veña aquí non leve unha mala impresión. Foi moi importante logralo, iso tamén é para felicitalos porque cando nun conflito se chega a unha solución demostra que hai capacidade para resolver”.