O meta polaco é un fixo na súa selección nacional, debutando nunha Eurocopa con tan só 19 anos, converteuno en toda unha referencia do combinado nacional polaco, sendo clave esta tempada para que a súa selección siga con opcións de clasificarse para o mundial de 2024.
Este ano en Burela fixo uns números de récord. Co porteiro polaco entre os tres paos o noso equipo tan so experimentou 3 derrotas, recibindo 68 goles no total dos 33 partidos que disputou, unha media de dous goles por partido. Ademais foi capaz de anotar dous goles na portería rival.
O gardameta do Pescados Rubén, converteuse nunha referencia grazas á súa gran personalidade baixo paus, onde os seus grandes reflexos e o seu bo xogo de pés foron clave para o bo facer de noso equipo durante a presente tempada.
“Estamos moi contentos e orgullosos de poder contar con Michal un ano máis, sendo unha peza básica nos esquemas de David Rial, Michal foi capaz de ganarse un lugar privilexiado dentro da pista converténdose nun porteiro de referencia, así coma un xogador tremendamente querido pola nosa xente grazas á súa calidade humana”.