Adega San Damián presentou os seus novos vermús, barrica e mesturado, nunha “festa” con hostaleiros da zona
Na presentación, o coctelero Iago Eiroa realizou ata 4 cócteles diferentes nos que o vermut era o protagonista e que os presentes puideron degustar durante todo o evento. Ademais, para os que preferían o sabor único dos vermús, puideron degustalo con toda a súa esencia.
Outra das novidades que os presentes puideron gozar, foron as conservas da marca, todas realizadas con produto das rías galegas: navallas, mexillóns fritos, zamburiñas, ventresca de atún e sardinillas. O mestre conserveiro que as creou preparounas con sinxelas, pero orixinais, receitas nas que os vermús tamén estaban presentes.
Todo isto amenizado polo grupo de música Sintético Fantástico que fixo bailar aos presentes a ritmo de boa música.
Vermut Arnao
O vermut Arnao é a elección dos máis lambóns. Un vermut galego de sabor dulzón e fondo amargo, cun toque fresco e vibrante. Na súa intensidade escóndense elegantes matices que chegarán ao teu padal a través dunha viaxe inesquecible polas paisaxes de Galicia, desde os viñedos de Monterrei ata a esencia da costa de Ribadeo.
Recoméndase servilo cunha tira de pomelo ou unha pel de laranxa para contrastar o seu carácter doce.