Foz, 17 de xuño, 2023. Xuño sempre está cargado de sentimientos e emocións compartidas no Colexio Martínez Otero.
A todas as viaxes e saídas culturais que enchen os últimos días de curso escolar hai que engadirlles dous actos que poñen o “broche de ouro” a dúas etapas no noso colexio. Estes actos son a graduación do alumnado de 6º de Educación Infantil e a despedida dos rapaces e rapazas de 4º da ESO.
O xoves día 15 tivo lugar a Graduación de Infantil, familias e Comunidade Educativa puidemos desfrutar cun bonito acto no que se fixo un pequeno percorrido por estes tres primeiros anos de escolarización tan importantes no desenrolo físico, emocional e intelectual dos nenos e nenas.
Nesta lembranza non faltaron risas e algunha que outra bágoa.
“Os nosos pequenos xa están preparados para a seguinte etapa na súa formación. Primaria agárdaos cos brazos abertos”.
Ao día seguinte, venres día 16, os protagonistas foron os alumnos e alumnas de 4º da ESO.
Despois de 13 anos de formación académica e desenrolo emocional no Martínez Otero, despedíanse desta casa que os veu medrar.
Discursos, lembranzas, anécdotas, agasallos e moita emoción protagonizaron un acto inesquecible para todos os presentes.
Este sábado, día 17, empezan a súa viaxe de fin de estudos na cal desfrutarán dun cruceiro polo Mediterráneo, con saída en Valencia e co que poderán visitar, durante unha semana, grandes cidades como Tarragona, Marsella, Xénova, Roma, Florencia…
“Agardamos que desfruten desta fermosa experiencia e que acaden todos os seus soños nesta nova etapa de vida que se abre ante eles”.