Site icon Crónica3.com A Mariña

Gómez Besteiro e Mogo comprometen o apoio do goberno a Ribeira de Piquín coma “o novo modelo do rural galego”

Ribeira de Piquín simboliza todo o que apoia o goberno socialista”, segundo explicaron este mediodía o cabeza de lista do PSdeG-PSOE ao Congreso por Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, e o seu homónimo para o Senado, César Mogo. A piscifactoría de Santalla -onde hoxe tivo lugar unha nova solta de ovas-, medra en paralelo a outras dúas iniciativas de agricultura ecolóxica e gandeiría, esta última en colaboración con Asoporcel.

Ribeira de Piquín, 29 de xuño de 2023. Hai unha Galicia rural cun pulo económico, social e ecolóxico que traballa no presente para garantir o futuro. E Ribeira de Piquín, cun alcalde socialista ó fronte, é o mellor exemplo. Os cabeza de lista para Congreso e Senado do PSdeG-PSOE por Lugo, José Ramón Gómez Besteiro e César Mogo, acompañaron hoxe ao primeiro edil da localidade lucense, Roberto Fernández Rico a parte da súa corporación, apoiando o seu proxecto multidisciplinar – piscifactoría, agricultura ecolóxica e gandeiría- con beneficios económicos pero tamén, nomeadamente, sociais, coma a loita contra a despoboación e a prevención de incendios.

“Fronte ao sistema prefabricado e artificial das aldeas modelo que quere o PP, temos a Ribeira de Piquín, un concello de pouco máis de 500 habitantes que está a sentar as bases do novo rural galego. Por iso estamos aquí, comprometendo o apoio do Goberno de España a un proxecto único impulsado por un alcalde concienciado coa súa contorna que conta, ademais, coa colaboración dunha asociación como Asoporcel, que o sabe todo sobre calidade, sustentabilidade e crianza responsable”, sinalou Gómez Besteiro.

Fixar poboación fomentando o crecemento sostible é un modelo que a Ribeira de Piquín está a funcionarlle moi ben, como proba o feito de que nos próximos meses contratará a oito traballadores máis para atender as necesidades dos tres proxectos. Un exemplo extendible a toda a Galicia rural e que será o que Gómez Besteiro e César Mogo defenderán nas cortes estatais tralas eleccións do próximo 23 de xullo.

A acuicultura, a agricultura ecolóxica e a gandeiría son as tres patas deste modelo de desenvolvemento sostible:

Acuicultura.- O concello comprou a piscifactoría abandonada tras o peche en 2013 da empresa que a xestionaba e xa está a producir troitas. Hoxe realizouse a terceira solta de ovas, que estarán listas para a súa comercialización en nove meses.

Agricultura.- Polígono con máis de 15 hectáreas de superficie alugadas aos propietarios/ veciños de Ribeira de Piquín. Máis de 300 terreos diferentes que o Concello conseguiu unir nun mesmo proxecto de agricultura ecolóxica. A día de hoxe estase producindo kiwi atlántico en dúas hectáreas e, de forma paralela, poñeranse en marcha outros cultivos e a dotación de rega nos próximos meses.

Gandeiría.- Produción de porco celta: carne de calidade grazas a exemplares criados de forma responsable en montes abandonados ou en desuso. Por agora son 10 hectáreas alugadas á comunidade de montes. O modelo de granxa empregado, patentado por Asoporcel, é único en España e consta de instalacións móbiles onde non hai cimentación, que permiten o seu traslado dun punto a outro do monte en moi pouco tempo. Do que se trata é de xestionar este proxecto dunha maneira sinxela e rápida.

Asoporcel iniciou tamén en Ribeira de Piquín un proxecto piloto de control individual por GPS, que permite coñecer en detalle a actividade de cada un dos exemplares. En breve o sistema ampliarase a todas as unidades. A asociación, que estivo presente esta mañá na visita dos candidatos socialistas, presentou hoxe mesmo a súa candidatura aos Premios Alimentos de España convocados polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

“No rural hai futuro económico partindo do respecto á naturareza”

As iniciativas que Gómez Besteiro e Mogo coñeceron “in situ” este mediodía xeran postos de traballo que axudan a fixar poboación nunha localidade como Ribeira de Piquín, cunha densidade poboacional de 7 veciños por quilómetro cadrado. Os candidatos socialistas, que estiveron acompañados polo alcalde e representantes da Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta, comprometeron o seu apoio a este Concello “coma perfecto exemplo de que na poboación rural hai futuro económico partindo do respecto á natureza”, salientou César Mogo.

Este pequeno-gran milagre ten os pes na terra, na de Ribeira de Piquín. Un TerrEo propicio para sementar futuro.

Exit mobile version