Certamente os lemas de campaña ás veces serven para resumir en poucas palabras o que pode ser un punto de inflexión.
Estamos nun tempo difícil e importante. O futuro pode complicarse debido aos extremismos que nos rodean. Fixémonos no que pasa en comunidades autónomas nas que Vox entrou no goberno. Nelas volve a censura, a cultura non é libre e a historia interprétase como eles deciden.
É o momento, dinos Feijóo. Efectivamente, é o momento de que non esquezas quen marcou un salario mínimo de 1080 euros en 14 pagas, cando en 2018 non chegaba aos 740 euros.
Vota lo que importa, dinos Vox. E o que importa é a sanidade, esa que en comunidades coma Galicia, gobernadas polas dereitas, se está desmantelando, enviando parte do traballo á sanidade privada. Esa que se recuperou no verán do 2018 para aqueles que non podían acceder a ela.
Con máis forza, nos di o BNG. Con moita máis, e berrando por Galicia sempre, xa que queda moito por facer e merecemos que se faga. Pero sen esquecer que as pensións son de todos, dos galegos, dos vascos, dos cataláns e de todos os españois e que non é xustificable votar NON á súa subida.
Suma para que a vida sexa máis fácil, nos di sumar. Suma, porque facemos falla todos. Todos nos equivocamos e temos erros e rectificar é de sabios, como ocurriu na lei de igualdade.
Todo isto significa que temos que seguir avanzando, e para seguir adiante debemos seguir mellorando en dereitos. Dereitos polos que leva moitos anos traballando o PSOE.
Este 23 de xullo, non te esquezas de ir votar. E se estás de vacacións lembra…as vacacións remuneradas conseguíronse na Segunda República cun goberno de esquerdas, non perdas os dereitos polos que se leva loitado tanto.
Vota para seguir ADIANTE.