Site icon Crónica3.com A Mariña

Ducias de persoas reuníronse na Praza do 8 de Marzo, en Ribadeo, para amosar a súa repulsa polo asasinato machista de Ana Vanessa Serén Penas, cometido esta fin de semana na localidade pontevedresa de Oia

O Concello de Ribadeo sumouse á convocatoria realizada polo Observatorio da Mariña pola Igualdade. As súas representantes deron lectura a un comunicado. Tamén desplegaron unha pancarta na que se podía ler: “Defendamos a igualdade. Fronte á violencia machista, loita feminista”.

Exit mobile version