O rexedor manifestou que “comeza o Mercado dos Domingos e desde o goberno local queremos poñer en valor varias cuestións: a forma de vida e de entender o rural, que ten unhas posibilidades económicas que debemos saber aproveitar e potenciar; e esta cita tamén pon en valor ese produto de calidade, excepcional, local de Ribadeo, que debemos apoiar”.
Para Dani Vega “o Mercado dos Domingos abre todas esas posibilidades, polo que convido a todos os visitantes e a todas as veciñas e veciños a que desde o 25 de xuño ao 15 de outubro veñan ata aquí de nove da mañá a dúas da tarde. Así terán a posibilidade de comprar ese produto excepcional e local, que debemos poñer en valor e apoiar”.
Ata o Mercado dos Domingos se achegaron esta mañá o alcalde, Dani Vega, e as concelleiras e concelleiro do equipo de goberno Marta Saiz, Elena Sierra, Montse Seijo e Diego Dos Santos.