A Festa da Romaxe das Cruces é unha festa de interese turístico a nivel autonómico
Ribadeo, 1 de xuño de 2023. O actual voceiro do Grupo Municipal Popular e deputado autonómico, Daniel Vega, agradeceu profundamente o traballo da asociación veciñal e a comisión de festas pola organización da Festa da Romaxe das Cruces, unha festa de Interese autonómico que “detrás de tanto traballo, hai un traballo por conservar o noso legado histórico”. “É unha festa que conxuga tradición e historia e creo que é moi importante loitar pola súa conservación”, di Dani Vega.
Vega explica que a colaboración do “noso grupo municipal coa comisión de festas e coa Xunta de Galicia”, permitiu levar a cabo unha vez máis a recreación da batalla polo Bruxo Queiman e Andrea Pousa, así como a actuación do grupo Treixedura. Neste sentido o voceiro dos populares subliña que “creo que este traballo conxunto comeza a dar os seus froitos e vamos a seguir conservando este legado histórico e seguiremos nesta liña, loitando para que as festas tradicionais do noso municipio se sigan a celebrar”.
PROGRAMA
O domingo 4 de Xuño, comeza a Festa da Romaxe das Cruces en Arante ás 12.00 horas coa Bendición dos Campos, procesión, bandeo do Pendón e reverencia das cruces, acompañados do grupo de gaitas de Tovar.
A continuación, misa solemne e ás 13.30 horas, sesión vermú co grupo Cano. Ás 15.00 horas asistentes poderán participar na III Comida Romaxe dás Cruces no campo da festa. Ás 17.30 horas levará a cabo a representación da batalla polo Bruxo Queiman e Andrea Pousa e a continuación Treixadura ofrecerá un concerto, mentres que o broche final da festa poñerao a actuación do grupo Cano.