Son 26 equipos benxamíns e 15 prebenxamíns os que encherán Ribadeo a vindeira fin de semana. Proceden de Asturias, Cantabria, Castela e León e Galicia.
Os partidos xogaranse no estadio municipal Pepe Barrera e no Ceip Gregorio Sanz.
No acto de presentación participaron o concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, o presidente da SD Ribadeo, Valentín Coto; o xefe de Deportes da Xunta en Lugo, Manuel Otero; a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado; o técnico de Deportes, Iván López; a deputada responsable da Área de Mocidade da Deputación de Lugo, Mónica Freire; o xerente de Acisa, Jesús Pérez; e o coordinador deportivo da SD Ribadeo, Donato.