O candidato indicou que a Xunta de Galicia, fronte á falta de apoio do Goberno aos gandeiros, vén aplicando axudas temporais e excepcionais ás persoas produtoras de carne para compensar as dificultades económicas derivadas da guerra de Ucraína
Sarria, 27 de xuño de 2023. Fronte a todas as probas que demostran que é imprescindible a rebaixa do IVE da carne e do peixe, o Goberno, presidido polo socialista Pedro Sánchez, teima en desatender o que é un verdadeiro clamor da sociedade española e, de novo, elude unha medida totalmente necesaria. Así o sinalou o cabeza de lista por Lugo do PP ao Congreso, Francisco Conde, esta mañá durante a visita que, xunto a outros candidatos populares, efectuou á feira gandeira de Sarria.
Conde destacou, fronte a este novo ataque do Goberno ao rural galego, que Feijóo propón baixar do 10 ao 4% o IVE da carne, o pescado e as conservas para aliviar a carga que supón a inflación nos petos das familias. Para o Partido Popular, “a carne non é un artigo de luxo e ten que ser considerada tamén un artigo de primeira necesidade, básico na alimentación da cidadanía”.
En Lugo hai unhas 20.100 explotacións gandeiras, das que 11.150 son de bovino, e delas, 1.558 están na comarca de Sarria (no concello de Sarria: 449). O número 1 da candidatura popular lucense ao Congreso destacou que a comarca de Sarria é unha gran produtora de carne, de forma que se os gandeiros non son capaces de vender o que producen, porque a xente non pode mercar un alimento tan básico como a carne, a cadea de produción alimentaria está gravemente afectada. É dicir, “con Pedro Sánchez a cesta custa máis e pesa menos”, sentenciou.
O PP CO SECTOR
Francisco Conde lembrou que, o pasado mes de maio, o Parlamento galego, a proposta do PP, aprobou coa abstención do PSOE reclamar á Xunta de Galicia para que instase ao Goberno de Sánchez e aos seus socios independentistas, como o BNG que votou a favor no Parlamento galego, para que aplique tamén a rebaixa do IVE á carne, ao peixe a ás conservas. Na mesma iniciativa demandouse ter en conta as peculiaridades territoriais de Galicia na distribución dos fondos previstos nas medidas urxentes para paliar a seca e os efectos da guerra de Ucraína en beneficio do sector primario, en especial do vacún de carne. O popular lembrou que “as medidas do Goberno central para paliar os efectos da seca e do conflito en Ucraína discriminan aos gandeiros galegos que só recibirán o 25% dos importes anunciados e do que lle concede aos gandeiros da zona sur do país”.
Na mesma liña, a Xunta tamén esixe á Administración central a rebaixa do IVE da carne; así coma aprobar máis medidas de apoio ao vacún de carne como a modificación das axudas do primeiro piar da PAC, que son de competencia do Estado.
Conde sinalou que a Xunta amosou o seu apoio con medidas a curto, medio e longo prazo, abordadas na reunión do conselleiro do Medio Rural con gandeiros de Ternera Gallega Suprema e outra con sindicatos. Así, os gandeiros de vacún de carne están cobrando estes días case 14 M€ para paliar as consecuencias da invasión rusa de Ucraína. Estas achegas súmanse aos 12,6 M€ que veñen de ingresar no marco das axudas agroambientais e de ecolóxico da PAC 2022. A Xunta aumentou nos últimos anos as axudas da PAC e convocou achegas pola pandemia, préstamos de circulante a explotacións de bovino ou anticipos da PAC en 2020 e 2022.
Conde lembrou que a Xunta, fronte á falta de apoio do actual Goberno de España aos gandeiros, vén aplicando axudas temporais e excepcionais ás persoas produtoras de carne para compensar as dificultades económicas derivas da guerra de Ucraína.