Site icon Crónica3.com A Mariña

Concertos nas XVII Xornadas do peregrino “Abrindo Camiño” de Mondoñedo

Actuará o Coro Mestre Pacheco da Escola Municipal de Música O Pallarego de Mondoñedo, o venres día 30, ás 21:00h, interpretando música galega con temas compostos por Xan Carballal e música cubana, interpretando temas de Silvio Rodríguez, Roberto Goldar e carlos Puebla. O sábado en dúas intevencións, a primeira ás 12:00h e a segunda ás 13:40h, actuará o grupo Novelovento, composto por Manuel Gayol (violín), Jesús Lombardía (piano) e Xulia Nogueira (voz), que interpretarán poemas musicados por Xan Carballal sobre textos de Álvaro cunqueiro, Leiras Pulpeiro, Noriega Varela, Díaz Jácome e Manuela Rey.

Exit mobile version