Site icon Crónica3.com A Mariña

Comezou o segundo certame de teatro afeccionado José Luis López Lorenzo (o poto), que organiza o Concello de Foz

Foz, 8 de xuño de 2023. O Concello de Foz organiza a segunda edición do certame de teatro afeccionado José Luis López Lorenzo (O Poto), que comeza mañá, venres.

A concelleira de Cultura en funcións, Inés López Couto, anuncia que “o Concello de Foz prosigue o seu traballo na área cultural. O evento máis próximo é o certame de teatro afeccionado creado no ano 2022 e que pretende a visualización do esforzo e creatividade dos grupos de teatro afeccionado na difusión da cultura. O certame conta con seis días nos que en cada un se representará unha nova obra. Serán todas ás 20 hos na Casa da Cultura Poeta Manuel María”.

O certame comezará este venres, 9 de xuño, coa obra A liorta, de Avelaíña Teatro. O sábado 10 será a quenda de Vacacións, de A Tequerreté Teatro. E para cerrar o primeiro fin de semana, o domingo 11 de xuño a Asociación Cultural e Teatral Pedroso porá en escena Nin o demo entende ás mulleres. A segunda fin de semana comezará o venres 16 co Colectivo Cultural Ollomao e a obra O documento, o sábado 17 a compañía Teatro Pesadelo representará Desaquelando e o domingo, 18 de xuño, pechará o certame a obra ODT-Tive, da Asociación Cultural de Teatro O Torques de Burela.

“Agradecemos a todos os que quixeron participar neste certame e contaremos en próximos eventos cos que non foron seleccionados para o concurso. Esperamos que o público desfrute moito coas representacións e elixa a mellor”, comenta Inés López Couto, quen anuncia que a finais deste mes de xuño organizarase un evento especial para a entrega de premios, que se anunciará ao finalizar o certame.

Os premios aos que optan os participantes son os de mellor actriz e actor, mellor posta en escena, mellor dirección, mellor guión e mellor representación.

Exit mobile version