Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo acollerá esta fin de semana, 24 e 25 de xuño, o campionato de España Biathle – Triathle

Cervo, 22 de xuño, 2023. O Concello de Cervo acollerá esta fin de semana, 24 e 25 de xuño, o campeonato de España Biathle – Triathle. Un evento organizado polo club PentaLugo en colaboración coa Federanción Galega de Pentatlón Moderno e do Concello de Cervo.

A cita foi presentada este mediodía polo concelleiro, David Rodríguez, o delegado da Federación Española de Pentatlón, Cristóbal Rodríguez e polo adestrador do Club PentaLugo, Ricardo Vera.

O evento combina diferentes deportes, Biathle (correr e nadar) e Triathle (tiro-nadar-correr).

A cita é no Porto de San Cibrao, o sábado desde as 11:00 horas e o domingo desde as 10:00 horas. Contará coa participación de preto de 200 deportistas.

Exit mobile version