Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo acolle este sábado, 24 de xuño, o I Torneo Interparroquial de fútbol 8

Cervo, 23 de xuño, 2023. Conformáronse 6 equipos en representación das parroquias de Cervo, Lieiro, Sargadelos, San Román, Castelo e Rúa

O evento deportivo tera lugar no campo de fúbol da Veiga, desde as 16:00 horas, e a a final está prevista para as 20:40 horas

Haberá trofeos para os tres mellores clasificados

Na presentación do evento participaron a alcaldesa, Dolores García Caramés, o edil, David Rodríguez, e varios representantes dos equipos parroquiais.

A alcaldesa apuntou que se trata dun evento que partiu da demanda veciñal, e desde o Concello non podíamos máis que poñer todo da nosa man para podelo levar adiante, porque “cremos que é unha oportunidade única de facer pobo, unidos polo deporte, que é signo de identidade no noso Concello”, e desexoulles moita sorte aos seis equipos participantes, pero sobre todo que “desfruten desta xornada de convivencia, que de seguro que será un éxito, e animou á veciñanza a achegarse como público para gozar todos xuntos do torneo”.

Exit mobile version