Site icon Crónica3.com A Mariña

Organizada en Ribadeo unha cata de conservas vexetais para a restauración

Ribadeo, 8 de xuño, 2023. O próximo luns día 12 de xuño, de 5 a 7 da tarde, os obradoiros compartidos de conservas vexetais de Muiñeiras de Requiande (Cedofeita-Ribadeo) e As Ribeiregas (Negueira de Muñiz) organizan unha cata para a restauración da Mariña Lucense e o Occidente de Asturias. Con iso pretenden impulsar a produción e consumo de alimentos locais, así como a gastronomía da comarca, mediante a transformación de produtos moi nosos (pementos de padrón e de Piñeira, cabazas, mazás, pexegos, laranxas bordos, sabugueiro…) en deliciosas conservas de quinta gama para salsas ou acompañamentos. Vai dirixida a todos aqueles restaurantes que apostan polo produto local e a innovación.

A actividade realizarase nas instalacións de Muiñeiras de Requiande en Cedofeita (Ribadeo) e inclúe unha visita ás instalacións e unha degustación de máis de 30 receitas diferentes entre doces e salgadas.

Exit mobile version