Site icon Crónica3.com A Mariña

Candia fai balance dos resultados do 28-M e perfila a folla de ruta na Deputación cos deputados provinciais elixidos nos distintos partidos xudiciais

A presidenta provincial do Partido Popular di que o obxectivo é impulsar as políticas e as medidas que máis beneficien aos lucenses, con traballo intenso dende a humildade e a persistencia

Lugo, 23 de xuño de 2023. A presidenta provincial do PP, Elena Candia, mantivo na mañá de onte, na sede do partido, a primeira reunión cos deputados provinciais elixidos polos concelleiros populares nos distintos partidos xudiciais de Lugo.

No encontro fíxose balance dos resultados obtidos polo Partido Popular nas eleccións locais celebradas o pasado día 28 de maio, nas que o PP foi o claro ganador, como reflicten os datos, tanto en número de votos como no que se refire aos concelleiros conseguidos. Uns resultados, que, a efectos da Deputación, se traducen en 12 deputados para o PP, dos 25 que integran a corporación provincial. Ao fío da reunión deuse a coñecer que o portavoz popular na Deputación será o lucense Antonio Ameijide, e desempeñará a primeira viceportavocía Carmen José López (Sarria) e, a segunda, Demetrio Salgueiro (Xove).

Os populares lembraron que o Partido Popular foi a primeira forza política en 41 dos 67 concellos (61%) e é a forza política que máis medrou en número de concelleiros ata alcanzar os 351, 21 máis que no 2019. Concretamente, os populares superaron en máis de 30.000 á segunda forza cunha vantaxe de máis de 15 puntos porcentuais e en preto de 55.000 á terceira, o que supón máis de 28 puntos porcentuais.

Na mesma reunión, trazáronse as grandes liñas da folla de ruta que seguirá o grupo provincial do PP ao longo do mandato que empezará o próximo día 30, coa conformación na nova corporación. O obxectivo principal é impulsar, dende a humildade e o traballo intenso e rigoroso, as políticas e as medidas que máis beneficien aos lucenses.

Exit mobile version