Site icon Crónica3.com A Mariña

Camiño do Norte en bicicleta, con parada en Ribadeo, para dar visibilidade a enfermidades raras

Ribadeo, 9 de xuño de 2023. O alcalde, Fernando Suárez, recibiu esta tarde ás portas do Concello a dous amigos lugueses que están a realizar en catro días o Camiño do Norte en bicicleta desde Irún a Santiago co fin de dar visibilidade a algunhas enfermidades raras.

O rexedor deulles a benvida e ánimos para poder completar o seu reto en catro días. Mañá, sábado, chegarán a Compostela.

A terceira etapa rematou pasadas as sete da tarde en Ribadeo. O obxectivo de Jacobo e Pablo “é recadar fondos e dar visibilidade á investigación de enfermidades priónicas. Patoloxías das denominadas raras e para as que a día de hoxe no hai cura: Creutzfeld Jakob, a encefalopatía bovina esponxiforme, o insomnio letal ou o insomnio letal familiar, do que faleceu meu irmán”.

Jacobo Goás contou que “a raíz do pasamento do meu irmán decidimos facer algo para axudar na investigación desta enfermidade”.

Exit mobile version