Site icon Crónica3.com A Mariña

As persoas participantes no Programa ActivaMENTE do Concello de Alfoz tiveron este venres o derradeiro encontro desta tempada

Trátase dun programa de estimulación cognitiva que se desenvolve os martes e xoves entre os meses de outubro e xuño en horario de mañá e ao que este ano acudiron 42 persoas entre 49 e 94 anos. A xornada de clausura resultou aínda moito máis lúdica e divertida do habitual, dado que se organizou un obradoiro de musicoterapia impartido por Damián Cairo Touriño, profesor de música do Conservatorio profesional de A Coruña, realizado en colaboración coa Escola Galega de Saúde.

Exit mobile version