Site icon Crónica3.com A Mariña

“As declaracións de Tomé sobre a repaso electoral evidencian o seu nerviosismo ante a manobra interna dos seus para quitarlle o sillón de San Marcos”, afirman dende o PP

Lembran que o PP foi a opción política preferida polos lucenses ao obter 85.640 apoios, o que representan un 44,71 %, e a de Lugo a provincia galega na que o PP acadou a maior porcentaxe de voto e tamén a sexta de toda España

Lugo, 2 de xuño de 2023. O Partido Popular da provincia de Lugo considera que as declaracións de Tomé Roca sobre a reunión iniciada esta mañá para repasar os resultados do pasado domingo evidencian “o nerviosismo” que ten o socialista debido “á manobra interna que están facendo os seus para quitarlle o sillón de San Marcos”. É por este motivo polo que lle piden “que se tranquilice”.

Os populares tildan de “triunfalista, de atrevido e de arriscado”, o discurso do socialista, pois “o bastión socialista do que fala perdeu 55 concelleiros en toda a provincia”. E é que o PP foi a opción política preferida polos lucenses e obter 85.640 apoios, o que representan un 44,71 %.

Así a de Lugo foi a provincia galega na que o PP obtivo a maior porcentaxe de voto e tamén a sexta de toda España. Ademais, grazas á confianza dos veciños, o Partido Popular é a primeira forza política en 41 dos 67 concellos (61%) e é a forza política que máis medra en número de concelleiros ata alcanzar os 351, 21 máis que no 2019. Concretamente, os populares superon en máis de 30.000 á segunda forza cunha vantaxe de máis de 15 puntos porcentuais e en preto de 55.000 á terceira, o que supón máis de 28 puntos porcentuais.

Amparados na obxectividade dos datos, e lonxe de entrar na confrontación política como pretende o Partido Socialista, remarcan que “seguiremos traballando pola provincia porque isto, din, é o noso único obxectivo”.

Exit mobile version