Unha vez aprobadas as polo Comité provincial, as listas serán informadas pola Comisión Executiva Galega e, finalmente, pola Comisión Federal de Listas. Logo o sábado día 10, serán aprobadas definitivamente polo Comité Federal do PSOE
Tomé Roca avanzou que as listas que presentan os socialistas son “politicamente as máis solventes da provincia de Lugo, destacando a forza política de José Ramón Gómez Besteiro, que fará unha gran labor no Congreso dos Deputados e que está chamado a maiores maxistraturas na súa carreira política, para o que conta con todo o apoio do partido na provincia”.
“A provincia de Lugo vai ter na persoa de Besteiro un gran valedor, avalado polo seu perfil como político, como xestor, pero tamén como persoa cercana, sensible cos problemas da xente e que, afortunadamente, lle espera un gran percorrido político”, manifestou no Hotel Torre de Núñez onde tiveron lugar as reunións da Comisión Executiva e do Comité Provincial.
As candidaturas que presentan os socialistas son paritarias e representativas do conxunto da provincia, como por exemplo, para o Congreso figuran como titulares compañeiros da comarca de Lugo (José Ramón Gómez Besteiro), A Mariña (Patricia Otero Rodríguez), A Terra Cha (Eduardo Vidal Baamonde) e Lemos (Gloria Mª Prada Rodríguez).
Polo que respecta á candidatura ao Senado, tamén subliñar que son representativas da provincia, como é caso da Mariña (César Mogo Zaro), a zona centro (Marina Ramudo Graña) e A Montaña (José Fernández Fernández).
Unha vez aprobadas polo Comité provincial, as listas serán informadas pola Comisión Executiva Galega e, finalmente, pola Comisión Federal de Listas e, o sábado día 10, serán aprobadas definitivamente polo Comité Federal do PSOE.
“O PSOE cumpriu todos os obxectivos propostos nas municipais”
O Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomé Roca mostrou a súa satisfacción por cumprir “todos os obxectivos propostos na campaña das municipais”.
Concretou Tomé Roca que se cumpriu o obxectivo de presentar lista nos 67 concellos da provincia de Lugo. Ademais lembrou que o Partido Socialista da provincia renovou o 37% dos candidatos, combinando mocidade e experiencia, e converteuse na forza política con maior número de mulleres en Galicia, con 24 cabezas de lista, o que representa o 36%, “un fito histórico do que nos sentimos moi orgullosos e unha mostra clara da nosa continua aposta real pola igualdade, na que seguiremos traballando”, explicou Tomé Roca.
Na súa intervención, o líder socialista aproveitou para agradecer aos 55.300 veciños e veciñas que votaron ao PSOE na provincia de Lugo, onde, “conseguimos tódolos os obxectivos que nos marcamos”, o que confirma que a provincia “é un bastión do PSOE”, incidiu.
“O Partido Socialista está en condición de incrementar o número de alcaldías, ben sexa a través de maiorías absolutas ou ben a través de pactos con outras forzas políticas, en 29 alcaldías na provincia de Lugo”. “Os tres obxectivos do PSdeG eran claramente: manter as alcaldías que tiñamos (incluída a cidade de Lugo), aumentar algunhas máis e manter a Deputación. Os tres obxectivos cumpríronse”, remarcou.
Ademais, advertiu de que o Partido Popular sufriu un “revés importante na provincia”. “Poden vestilo como queiran, tiñan dous obxectivos fundamentais, que eran a Alcaldía de Lugo e a Deputación de Lugo, e non conseguiron ningún”, apuntou. “As eleccións gáñanse cando se goberna e pérdense cando non se goberna, e o PP vai gobernar menos cidadáns que o Partido Socialista, e iso significa que perdeu as eleccións municipais”.
O Secretario Xeral socialista quixo resaltar e poñer en valor que Lara Méndez vai seguir sendo a Alcaldesa de Lugo despois dunha “excelente campaña, que se viu valorada e apoiada polos cidadáns da capital”. Así mesmo, tamén resaltou os resultados de todos os compañeiros da provincia, nomeadamente as novas Alcaldías acadadas en Antas de Ulla e Taboada, xa que vai ser a primeira vez que goberna nestes dous concellos o Partido Socialista en etapa democrática.
As candidaturas propostas pola Executiva e propostas polo Comité Provincial do Partido Socialista da provincia de Lugo son as seguintes:
Candidatura ao Congreso dos Deputados
Titulares
1. José Ramón Gómez Besteiro
2. Patricia Otero Rodríguez
3. Eduardo Vidal Baamonde
4. Gloria Mª Prada Rodríguez
Suplentes
1. María Reigosa Castro
2. Miguel Caloto Conde
3. Alba López Vila
4. Mariano López Nieves
Candidatura ao Senado
Titular 1
César Mogo Zaro
Suplentes do Titular 1
1. Jorge Val Díaz
2. María del Carmen López Moreno
Titular 2
Marina Ramudo Graña
Suplementes do Titular 2
1. José Jaime González del Río
2. Ana María Corredoira Vázquez
Titular 3
José Fernández Fernández
Suplementes do Titular 3
1. Sonia Fernández Pérez
2. José Antonio García Jurjo