Site icon Crónica3.com A Mariña

Alumnado do colexio Sagrado Corazón asistiu aos obradoiros de elaboración de queixos, que organiza o Concello de Ribadeo

Ribadeo, 6 de xuño de 2023. Hoxe foi o alumnado do colexio Sagrado Corazón o que asistiu aos obradoiros de elaboración de queixos, que organiza o Concello e que teñen lugar no Centro Pedro Murias.

Desde o Concello o edil de Medio Ambiente, Jorge Díaz, dixo que “continuamos con estes obradoiros de queixo para a xente moza. Para moitos deles estamos seguros de que é a primeira vez que se achegan a procesos deste tipo, vinculados co valor que lle temos que dar ao sector primario. As nenas e os nenos que esta mañá se desprazaron ao CFEA Pedro Murias descubriron con moita atención e participaron no proceso de elaboración do queixo”.

A actividade enmárcase no ciclo O Concello cos Coles.

Exit mobile version