Con eles estiveron as monitoras de Gaia, que explicaron que “a primeira parte da saída consistiu na xuntanza do alumnado dos dous centros na praia de Arealonga en Fazouro. Alí fixeron pequenos grupos e coa nosa colaboración realizaron unha limpeza completa do areal do que lograron sacar uns 100 quilos de lixo”.
E engadiron: “unha vez rematada a recollida démoslles información sobre aqueles obxectos e materiais máis contaminantes dos nosos mares e océanos, e insistímoslles tamén na importancia de coidar o medio ambiente”.
Esta xornada de convivencia rematou na área recreativa da Pampillosa, onde a rapazada aproveitou para merendar e gozar de diferentes xogos todos/as xuntos/as.