Os vermús Arnao mesturado e barrica serán os protagonistas do próximo evento de Adega San Damián
Ribadeo, 20 de xuño, 2023. O vindeiro xoves 22 de xuño, a partir das 19:00 horas, terá lugar a presentación de dúas novas variedades do vermut Arnao nas instalacións de Adega San Damián en Dompiñor, Ribadeo. Mesturado e barrica son os dous novos vermús que se unen á familia que xa forman a variedade de vermello e branco.
Na presentación, o coctelero Iago Eiroa será o encargado de realizar unha degustación a todos os presentes e, ademais, realizará varios cócteles cos vermús.
Outra das novidades que se presentará durante o evento son as conservas da marca, todas realizadas con produto das rías galegas: navallas, mexillóns fritos, zamburiñas, ventresca de atún e sardinillas. Ademais, o mestre conserveiro que as creou será o encargado de facer unha degustación das mesmas.
Todo isto, amenizado polo grupo de música Sintético Fantástico.
Vermut Arnao
O vermut Arnao é a elección dos máis lambóns. Un vermut galego de sabor dulzón e fondo amargo, cun toque fresco e vibrante. Na súa intensidade escóndense elegantes matices que chegarán ao padal a través dunha viaxe inesquecible polas paisaxes de Galicia, desde os viñedos de Monterrei ata a esencia da costa de Ribadeo.
Recoméndase servilo cunha tira de pomelo ou unha pel de laranxa para contrastar o seu carácter doce.