Burela, 11 de xuño de 2023. A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou na proxección do documental de impulso da igualdade promovido pola Asociación de Nais e Pais do CEIP Plurilingüe Vista Alegre de Burela, apoiado pola Xunta de Galicia, no seu obxectivo de sensibilizar conta a violencia de xénero e os estereotipos desde idades temperás. A representante do Goberno autonómico puxo en valor o traballo da comunidade educativa de Burela e o seu empeño para facer visible, a través da técnica audiovisual, que ningún espazo (cultural, deportivo, laboral… ) ten xénero; poñendo como exemplo referentes cercanas que recorreron á conciliación da vida laboral e persoal para acadar seus obxectivos.
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade mantén ata o próximo 10 de xullo aberta a convocatoria de axudas destinadas a financiar, con 400.000 euros de orzamento, actividades de promoción da igualdade e de prevención e loita contra a violencia de xénero postas a iniciativa de asociacións de nais e pais de Galicia (Anpas) e tamén de federacións e confederacións de asociacións de nais e pais. Nesta mesma orde inclúese este ano tamén o financiamento (por importe de 500.000 euros) destinado a apoiar os programas que realicen estas entidades e destinados a favovecer a conciliación corresponsable.