O Pescados Rubén Burela FS sobreponse a un canso Futsi, ganando o primeiro punto sen o factor cancha, oportunidade para levarse a liga o próximo sábado na casa
Na primeira parte comeza o Pescados Rubén con forza coa primeira oportunidade clara do encontro, un tiro frontal de Irene Samper no minuto 2 que salva a meta Belén que xogou durante a primeira parte. Continúa o xogo durante toda o primeiro tempo con bastante tensión e dous equipos previdos que buscan ese primeiro gol para poñerse por diante canto antes. Non é ata o minuto 15 no que Antía atopa o 0-1 cun gol nun rexeite tras un tiro de Patricia con asistencia de Peque, que detén Belén pero non logra deter a Antía que remata conseguindo poñer por diante ao seu equipo para o descanso.
No segundo tempo ambos equipos sacan o mesmo 5 inicial que na primeira parte salvo a porteira, entran Jozi Oliveira e Marta Balbuena á pista para disputar toda a segunda parte. No primeiro minuto Peque abandona a pista por Antía e non volverá xogar en todo o que resta de partido, debido a un golpe no pé na primeira parte na que a capitá aterriza sobre a mesa arbitral. Nesta segunda parte o Burela lócese, aínda que non consegue moitos goles domina de novo o encontro, con máis intensidade e con moitísimas oportunidades. Catro clarísimas de Saki entre os minutos 24 e 33, unha delas ao pau, que levantaron ao sector laranxa que veu a Madrid nun autobús proporcionado polo club para animar aos seus Guerreiras. Comeza a segunda parte con máis forza, oportunidade de Antía no minuto 2 cun disparo desde fóra da área que detén Marta Balbuena, gran partido da porteira. No minuto 2 Emilly, despois dun pase longo de Irene Samper, tamén atopa o muro Balbuena. Despois dunha das 4 oportunidades clarísimas de Saki comeza a presionar algo máis o Futsi e chega o gol de Becha no minuto 27. Pero nun minuto o Burela volve sobrepoñerse e chega o 1-2 cun golazo de Irene Samper dun disparo potentísimo desde fóra da área. Tres oportundidades de Saki e o Futsi opta pola porteira xogadora con Leti no minuto 35, tentando atopar o empate durante o resto do partido sen éxito.
Remata o encontro e o Pescados Rubén Burela FS consegue o primeiro punto, en territorio rival, que lle permitirá disputar o segundo na casa, coa rede dun terceiro partido o seguinte martes en caso de perder en Vista Alegre. O equipo volve a Burela esperando levar a liga este mesmo sábado que vén nunha bombonera que se prevee chea e con moita esperanza de levar o cuarto título de catro disputados esta tempada podendo celebralo na casa coa familia.
Ficha Técnica Atlético Navalcarnero – Pescados Rubén Burela FS
Pescados Rubén Burela FS: Caridad (P), Dany, Peque (C), Irene Samper, Emilly – cinco inicial- Saki, Jenny, Antía Pérez, Patricia, Jozi Oliveira (P).
Futsi Atlético Navalcarnero: Belén (P), Leti (C), Irene Córdoba, Ame Romero, María Sanz, – cinco inicial -, Becha, Luchi, Laura Córdoba, Desi Godoy, Marta Balbuena (P)
Goles: Min.15 Antía 0-1; min.27 Becha 1-1; min.28 Irene Samper 1-2.
Equipo Arbitral: Alberto Carrión Álvarez, Fernando Faubell Zaldívar.
TA: min.3 Emilly, min.19 Jenny, min.20 Leti, min.35 Becha