Site icon Crónica3.com A Mariña

A praia das Catedrais acolleu este xoves o acto de entrega das bandeiras azuis aos areais que recibiron este galardón en 2023

Ribadeo, 29 de xuño de 2023. A praia das Catedrais acolleu esta tarde o acto de entrega das bandeiras azuis aos areais que recibiron este galardón en 2023.

O alcalde, Dani Vega, declarou que “no Concello de Ribadeo estamos encantados e orgullosos de que se elixira para este acto a nosa praia máis emblemática pola que ano tras ano pasan milleiros de persoas e que sempre destaca e aparece nos primeiros postos de revistas de viaxes e turismo, de portais web específicos ou nas preferencias dos viaxeiros”.

O rexedor sinalou que “renovamos este ano as bandeiras azuis tanto nas Catedrais como na praia de Os Castros-As Illas e tamén a do sendeiro azul que vai desde As Aceas ata o faro da Illa Pancha, un paseo fantástico a carón da ría do que gozan a diario moitas veciñas e veciños de Ribadeo e que na época estival é tamén un polo de atracción turística”.

Á recollida das bandeiras azuis asistiron o alcalde, Daniel Vega, a concelleira de Turismo, Marta Saiz, o concelleiro de Medio Ambiente, Diego Dos Santos, e o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent.

Exit mobile version