Site icon Crónica3.com A Mariña

A libraría Bahía de Foz recibe o mércores, 14 de xuño ás 20:30h, a Octavio Beares para falar do cómic galego

Octavio Beares é autor do libro ‘A historia do cómic en Galicia’, publicado por Galaxia, no que fai un repaso da contribución galega a esta arte, na que destaca nas últimas xeracións Miguel Anxo Prado ou Isaac Rubín, ambos merecedores de premios a nivel estatal. Ademáis é crítico de cómic no Faro de Vigo, cidade na que reside habitualmente e cofundador da revista Cuco, cadernos de cómic. Beares exerce como profesor no ensino medio e actualmente está dando aulas no Insitituto de Foz.

Exit mobile version