Realizaranse na Praza Maior onde se fai a Bendición do Santísimo a todos os presentes; na Igrexa de Santa Maria, de onde parte a Procesión; na Igrexa de San Francisco, onde se entra como parte do percorrido procesional. Convídase a todos os voluntarios que queiran colaborar, cortando o verde no taller previsto na Casa dos Mestres, é moi importante que se sumen a esta tarefa pois fai falta man de obra, o horario é das 16h en diante. Tamén poden axudar levando a súa e cortándoa en casa. E por suposto para elaborar os deseños feitos con sal tinguido, as flores etc. que será o sábado día 10, a partir das 20h. De antemán, a Irmandade da Santa Cruz dá as grazas a todos os que fan posible coa súa axuda o seguir con este labor que se vén realizando desde hai 20 anos.