O alcalde, Alfredo Llano, contou que “hoxe tivemos o que se denomina pleno do finiquito, no que se aprobaron as actas pendentes das sesións anteriores. Ao remate aproveitamos para facer unha foto, compartir café a para desexarnos sorte para o futuro”.
O rexedor dixo que “neste mandato tentamos harmonizar e crear un bo ambiente no Concello. Agardamos que así continúe e que se siga a traballar por Burela”.
Memorial Heroes do Orzán
Alfredo Llano asistiu este mediodía na Deputación de Lugo á presentación do Memorial Rodrigo Maseda, que terá lugar do 23 ao 27 de xuño. O rexedor destacou a importancia que ten esta cita para Burela e para os outros concellos nos que se disputará. No evento participarán 67 equipos con 700 rapaces. Llano aludiu á responsabilidade dos heroes do Orzán e tamén ao deporte base: “é algo fundamental para o Concello de Burela. O deporte significa educar en valores e iso é moi importante para a sociedade”.