Viveiro, 27 de xuño, 2023. Un total de 1142 atletas, participaron no Campionato de España Máster de Pista ó Aire Libre, que se celebrou en Jerez de la Frontera (Cádiz), nunha xornada de moito calor, o que impediu realizar grandes marcas.
O club Egovarros de Viveiro estivo representado por MariLuz San Martín, na categoría de F70, que acadou os subcampionatos de España nas probas de 100, 200 e 400 metros, demostrando unha vez máis estar en plena forma.
As categorías menores do C.D.Egovarros-Viveiro participaron no Campionato Galego de sub10 e sub12. Tres atletas acadaran as marcas mínimas para participar nel, celebrado na cidade de Ourense. Roque Yagani acadou o oitavo posto no salto de altura e nos 500 metros, Thiago Fernández en lanzamento de pelota acadou un noveno posto e Candela Martín en lanzamento de pelota o décimo.