Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación cultural Os Matos, do IES Perdouro de Burela, presentou o nº 29 da publicación Maruxía

Burela, 22 de xuño, 2023. O pasado mércores 21 de xuño, os alumnos/as de 4º da ESO. TIC liderado pola súa profesora Natalia Irimia Trigo, coordinadora do Equipo de Normalización de Lingua Galega, presentaron o nº 29 da revista escolar Maruxía da Asociación Cultural Os Matos. Abrirou o acto, Carmen Díaz, alumna de 4º ESO, condutora do acto, María José Pardiñas Suárez, Directora do IES Perdouro, e Karina Parga, presidenta da Asociación Cultural Os Matos. A biblioteca do IES Perdouro de Burela foi o lugar onde se deu a coñecer os contidos desta publicación anual. Os compañeiros Aroa e Noel explicaron os momentos gratificantes deste traballo colaborativo de recollida de crónicas, maquetación e montaxe. A publicación Maruxía recolle parte das moitas actividades, saídas, obradoiros, traballos realizados ao longo deste ano co retorno tan desexado á normalidade.

A revista entregarase en formato papel mañá coas notas a toda a comunidade educativa.
Grazas as alumnas Shiva Eliska Alinda Nurhakim de 4º de ESO (portada) e Ana Lestao Ben de 3º ESO (contraportada) a revista loce unhas portadas moi representativas das vivencias no IES Perdouro.

Fíxose entrega dos premios do XVI Concurso de relato curto e poesía e do XIVConcurso de imaxe convocados anualmente pola A.C. Os Matos baixo o lema “Unha vida de emocións”. As obras gañadoras pódense ler no número da revista escolar “Maruxía” deste curso.

XVI Concurso literario da As. Cultural Os Matos

RELATO CURTO:
Categoría 1º e 2º ESO:
1º premio: Sofía Ben Martínez (1º B)
2º premio: Manel Lorenzo Tojeiro (1º A)
Categoría 3º e 4º ESO:
1º premio: Ana Lestao Ben (3ºB)
Categoría Bacharelato e CF:
1º premio: Noa Gudín González (1º Bach.)
2º premio: Lin Vizoso López (2º Bach.)

POESÍA:
Categoría 1º e 2º ESO:
1º premio: Jorge Fernández Viso (1º A)
2º premio: Hugo Fernández Galdo (1º C)
Accésit: Iria Cortegaza García (1º B)
Categoría 3º e 4º ESO:
1º premio: Ximena Riopedre Orosa (3ºB)
2º premio: Ana Lestao Ben (3ºB)

XIV Concurso de Imaxe da As. Cultural Os Matos

Categoría 1º e 2º ESO:
1º premio: Noeli Tavares Pereira (1ºC)
2º premio: Uxía García Quevedo (1ºA)

Categoría 3º e 4º ESO:
1º premio: Ximena Riopedre Orosa (3ºB)
2º premio: Zoe Arias Lamelas (4ºB)

Concurso de Portadas da Revista Maruxía
Shiva Eliska Alinda Nurhakim (4ºB)
Ana Lestao Ben (3ºB)

Exit mobile version