O Campionato Galego de 10km en ruta celebrouse o pasado domingo la localidade de Carballo, onde estivo representado o C.D.Egovarros-Viveiro por 6 atletas veteráns, acadando a medalla de ouro José Dopico na categoría de M65 e medalla de bronce o seu compañeiro, Eliseo López, na categoría de M70. Os outros atletas que representaron o clue viveirense foron: Marcelo Vasquez, Rubén Vila, Andrés Piñón e Jose Ángel López, que tamén competiron a un gran nivel.