Site icon Crónica3.com A Mariña

Xuntanza de confraternización dos traballadores de ECAR en Mondoñedo

Mondoñedo, 27 de maio de 2023. Os traballadores e traballadores de ECAR (ex-Finsa), en Mondoñedo celebraron esta sábado, a primeira unha xuntanza de confraternización cun xantar na Finca San Antonio, na que tamén se homenaxeou a antigos traballadores e traballadoras da fabrica mindoniense.

María Libertad Maseda Méndez, veciña e residente no Barrio de San Lázaro, foi a primeira muller que entrou a traballar en ECAR, por iso recibiu unha homenaxe dos seus compañeiros e compañeiras, que conta con 89 anos. “Todos gardarmos un grato recordo da nosa compañeira María, e aproveitamos esta cita para saudala e recordala con moito cariño”, sinalan dende a organización desta xuntanza. Outro dos traballadores homenaxeado, e que conta máis idade, foi Prudencio Muiño que ten 91 anos, veciño de Valiño. E Eva Vázquez Lema tamén recibiu unha mención como primeira muller que entrou en traballar na empresa FINSA.

“Celebramos esta reunión, para reencontrarnos, saber uns dos outros, rememorar a nosa historia laboral e familiar nesta empresa, porque alí traballamos moitos anos e vivimos moitas experiencias, e queriamos ter a oportunidade de xuntarnos e charlar para lembrarnos delas. Esta é a primeira xuntanza que celebramos, pero estamos seguros de que haberá moitas máis”, explican os organizadores.

Exit mobile version