Site icon Crónica3.com A Mariña

Xove volve a recibir a unidade móbil do programa “Coidados porta a porta”, promovido dende a Consellería de Política Social, os días 31 de maio, 1 e 2 de xuño

Ofrece servizos de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria, para maiores de 55 anos, que poderán acceder gratuitamente. O servizo de audioloxía consiste nunha revisión e valoración auditiva. O de podoloxía para prevención, diagnóstico e tratamento das principais patoloxías dos pés. O de prevención do alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas, consiste na realización de probas de valoración cognitiva e funcional. Todas as persoas interesadas en participar neste programa, poderán reservar a súa cita nos teléfonos 622748283 e 623546992.

Exit mobile version