Burela, 31 de maio, 2023. O Xebra foi inaugurado en 2013 durante as festas patronais. Ano a ano, a axenda da asociación complementou cos seus concertos a programación dos días grandes da vila. Desta volta, o evento chega a unha cifra especial. Celebraremos os dez anos cun cartaz que inclúe artistas como Malandrómeda ou The Brosas, grupo burelao. As súas actuacións, o venres e sábado respectivamente, serán fechadas con sendas pinchada en vinilo, da man de Pídechas o Corpo Guateque Sessions e ONNLBN.
A entrada será de 5€ para socias e 6€ para non socias. O local abrirá a partir das 22:30 horas.