Viveiro, 8 de maio de 2023. O Concello de Viveiro acolle mañá e o mércores unha demostración gratuíta das ferramentas de xestión e optimización en Coworking Viveiro, organizado dende a oficina de Acelera Pyme Rural Lugo coa colaboración da empresa ASM Soft.
O obxectivo dos proxectos demostrativos é que as pemes, autónomos e emprendedores coñezan de primeira man, presencialmente, diferentes ferramentas TIC como o CRM para a xestión de clientes, o ERP para xestión empresarial, a Oficina Dixital, a Pasarela de pago ou o Paperless.
As persoas interesadas poderán asistir en calquera momento durante a duración da demostración, pero solicítase a inscrición previa debido aos límites de aforo a través do seguinte enlace: https://bit.ly/3VJrIT7
A demostración realizarase mañá, día 9 de maio, de 10.00 a 13.00 horas, mentres que o mércores o horario é de 16.00 a 19.00 horas.
Pódese atopar máis información no enlace: https://bit.ly/3M4VsGZ
O proxecto Acelera PYMES da Deputación de Lugo conta cun orzamento de medio millón de euros e ofrece ás empresas e persoas autónomas participantes asesoramento individualizado e personalizado en materia de transformación e capacitación dixital por parte dunha rede de axentes dixitalizadores.